miércoles, 10 de septiembre de 2014

BENVIDA AO CURSO 2014/2015

O mércores, día 10 de setembro, arranca un novo curso, e para darvos a benvida, un vídeo da derradeira actividade que o alumnado do PCPI levou a cabo o curso pasado.
Agardanos moito traballo no horto, así que moitas ganas e ánimo para en xuño recoller froitos coma os do curso que vén de rematar.
Con entusiasmo, ledicia, ilusión e moitas lembranzas do curso pasado, comezamos novo curso.


viernes, 13 de junio de 2014

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O alumnado do PCPI, o pasado mércores día 11, realizou unha excursión de fin de curso a Monforte en autobus, onde os agardaba o alumnado do CEE Infanta Elena para levar a cabo unha ruta turística conxunta, con guía, polos lugares máis característicos da vila. Ao seu remate, invitados por o Centro Infanta Elena, o alumnado comeu con estes novos amigos, onde despois xogaron todos xuntos no patio ata a hora de regreso a Ourense. De camiño pararon a tomar un xeado no parque a beira do Río Cabe. 
Dende aquí o agradecemento ao CEE Infanta Elena pola acollida no seu Centro e por compartir esta actividade de coñecemento da vila monfortina e ao seu guía pola súa paciencia e adaptación da información ao alumnado. GRAZAS!!!

lunes, 2 de junio de 2014

A DESCENDENCIA DA COELLA, Mª ISABEL


O pasado día 7 de maio ao chegares pola mañá, no centro había unha sorpresa, a coella, Mª Isabel parirá, traendo unha camada de 11 coelliños.
A continuación unha presentación con fotos deste acontecemento e a súa evolución.

lunes, 26 de mayo de 2014

DOUS XEITOS DE SEMENTAR PATACAS

Este curso o alumnado do PCPI levou a cabo a sementeira das patacas de dúas maneiras, unha ao xeito tradicional e outra experimental. 
De xeito tradicional, sementouse na sesión do taller da tarde, nun dos recantos que hai dedicados ao horto. De xeito experimental, sementouse na zona do xardín do aparcadoiro do centro. Primeiro cortouse a herba coa máquina, logo puxéronse as patacas enriba e tapáronse coa herba cortada. 
E mentres se elaboraron estas presentación as patacas medraron. E xa se poden ver.


lunes, 12 de mayo de 2014

CHEGA MARÍA ISABEL


O luns chegou ao galiñeiro un novo inquilino, a coella María Isabel, que ademais está embarazada, así que axiña haberá novas sorpresas.



martes, 1 de abril de 2014

TAREFAS DO MES DE MARZO

A continuación unha mostra do traballo do alumnado do PCPI e do taller. Agardamos sexa de utilidade para a motivación e reforzo na aprendizaxe.


miércoles, 12 de marzo de 2014

miércoles, 12 de febrero de 2014

martes, 11 de febrero de 2014

ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE

Unha mostra das tarefas que se están a levar a cabo neste trimestre, aínda que o tempo non axuda para facer actividades no exterior, nos momentos que se pode saese, e cando non, pois fanse sementeiros no interior.


ACTIVIDADES TALLER 2º TRIMESTRE - diapositivas

FELIZ 2014

Xa estamos de volta, aínda que sexa cun chisco de retraso.
Que o Aninovo nos agasalle con moita ilusión, imaxinación e forzas para seguir a senda do ensino e aprendizaxe. Pois xa Cicerón dicía: "Para aprender hai que ensinar"