domingo, 24 de febrero de 2019

OVOS PARA TODOS

AÍNDA TENDO SONA XANEIRO DE SER UN MES DE ESCASEZA NO GALIÑEIRO (POUCOS OVOS E CAROS, ASÍ O REFLEXABA ROSALÍA DE CASTRO NO SEU POEMA "IMOS BEBENDO" CANDO DI: "VENDEREINOS CAROS POLO XANEIRO") O ALUMNADO DESTA VOLTA TEN MOITO TRABALLO. 
ADEMAIS DA PITA "BRANCA",  "NEGRA" E O GALO PEDRÉS "PEDRO", CHEGADOS ESTE CURSO, VOLTARON AO GALIÑEIRO "BICO" E "ABRAZO"  (AS PITAS QUE ACOMPAÑARON O CURSO PASADO) DESPOIS DUNHAS LONGAS VACACIÓNS. ISTE É UN DOS MOTIVOS DA PUBLICACIÓN DE "OVOS PARA TODOS".

martes, 22 de enero de 2019

O OBRADOIRO EXPLORAMOS COS SENTIDOS DÉIXAVOS UNHA MOSTRA DALGUNHAS TAREFAS LEVADAS A CABO AO LONGO DO 1º TRIMESTRE. OS DOUS GRUPOS DO ALUMNADO QUE PARTICIPARON NESTE TALLER DESENVOLVERON ACTIVIDADES COMÚNS TANTO DE INTERIOR COMA NOS XARDÍNS.

miércoles, 12 de diciembre de 2018


DAR A BENVIDA UN ANO MÁIS!
COMEZOUSE CON MOITO ÁNIMO E MOSTRA DISTO VAISE IR TRANSMITINDO A PESAR DOS ATRANCOS QUE EN OCASIÓNS XURDEN.
DESEGUIDO A POSTA EN MARCHA DO GALIÑEIRO.


sábado, 2 de junio de 2018

FESTA VOZ NATURA

O ALUMNADO DO  CEE MIÑO, COMA CADA ANO, PARTICIPA NO PROGRAMA DE VOZ NATURA CUN PROXECTO QUE LEVAN A CABO EN ESPECIAL NO FPB E O TALLER EXPLORAMOS COS SENTIDOS. E AÍNDA QUE O ALUMNADO NON PARTICIPA DA FESTA QUE VOZ NATURA ORGANIZA EN ACEA DE AMA, CULLEREDO (CORUÑA), ENVÍA UN PANEL CUN RESUMO FOTOGRÁFICO DAS ACTIVIDADES REALIZADAS.
MÁIS INFORMACIÓN NA ENTRADA DO OUTRO BLOG DO CENTROhttps://orecunchodeperico.blogspot.com/2018/06/festa-voz-natura.html


VÍDEO TAREFAS FPB

A CONTINUACIÓN UNS ANAQUIÑOS DE TAREFAS QUE LEVA A CABO O ALUMNADO DO FPB


miércoles, 25 de abril de 2018

TAREFAS NO FPB

O ALUMNADO DO PFB, ADEMAIS DAS TAREFAS ESCOLARES CORRESPONDENTES, TAMÉN SE OCUPA DO GALIÑEIRO, HORTO E PLANTAS.
A CONTINUACIÓN UNHA PEQUENA MOSTRA.

martes, 17 de abril de 2018

ANIMAIS DA SELVA CON AROMÁTICAS

ESTA TAREFA FOI COMEZADA O CURSO PASADO, NO OBRADOIRO CUN GRUPO DO ALUMNADO DE REDUCIDA MOBILIDADE. FORMABA PARTE DO PROXECTO  "CHOCOLATA", NO OBRADOIRO, CON SOPORTE DE MADEIRA TRABALLÁRONSE OS ANIMAIS DA SELVA, AMIGOS DE CHOCOLATA, E AS PLANTAS AROMÁTICAS, CADA ANIMAL COA TEXTURA DUNHA PLANTA AROMÁTICA. ESTE CURSO CO MESMO GRUPO DE ALUMNADO REAMATOUSE A TAREFA E CREOUSE O VÍDEO E UN LIBRO QUE ACOMPAÑARÁ A ESTES ANIMAIS PARA TRABALLAR VOCABULARIO.

lunes, 16 de abril de 2018

SEMENTEIRA DAS PATACAS NO HORTO

O XOVES, DÍA 5 DE ABRIL, APROVEITANDO UNHA RAIOLA DE SOL, O ALUMNADO DO OBRADOIRO SEMENTOU AS PATACAS, CON AXUDA E REPASO DA PARTE PRÁCTICA

CHEGOU A PRIMAVERA AO PATIO

A CONTINUACIÓN UNHA MOSTRA DE COMO ATOPOU O ALUMNADO AS XARDINEIRAS DO PATIO DESPOIS DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA, OS TULIPÁNS ESTABAN TODOS CON FERMOSAS FLORES, QUE AXIÑA HOUBO QUE RECOLLER E PLANTAR NOVAS PLANTIÑAS DE TEMPORADA, PETUNIAS, SURFINIAS E CAPUCHINAS. O ALUMNADO DO OBRADOIRO COLABOROU MOITO.