PRESENTACIÓN


Benvidos e benvidas ao noso blog, no que trataremos de amosar as nosas experiencias e aprendizaxes a través da Natureza.

EXPLORAMOS COS SENTIDOS,  é  un dos talleres que se levan a cabo polas tardes, no que participa parte do  alumnado do centro, organizado por grupos e por trimestres.

Anos atrás o taller comezou co nome de “O eido”, co paso dos anos e a chegada de alumnado novo  propuxemos chamalo “Exploramos cos sentidos” para que nos englobe contidos e actividades dirixidas a totalidade do alumnado, cun obxectivo xeral para todos: axudar no seu desenvolvemento estimulando os sentidos.

   Seguiremos traballando a horta e o xardín con aqueles grupos con máis autonomía e utilizaremos toda clase de produtos  derivados da natureza, da horta e do xardín (follas das árbores e froitos, arbustos, froitas, verduras, herbas aromáticas, flores,  …) para desenvolver actividades multisensoriais cos demais grupos.

  O centro segue contando cun Programa Formativo Básico  de "Xardinería e Viveirismo" o cal nos facilita algúns dos materiais empregados no taller e ao mesmo tempo o alumnado do Programa tamén complementa a súa formación neste taller o trimestre que lle corresponde. 

Dende o taller “Exploramos cos sentidos” tamén  participamos no programa de Voz Natura cada ano cun Proxecto diferente segundo o tema que se propoña desde a organización.

Aproveitando que o noso centro dispón de zonas axardinadas por dentro e por fóra, a nosa intención é que os alumnos sexan os protagonistas directos de todo o proceso: coa limpeza da herba, a poda, ..e dicir a limpeza en xeral. Así como posteriormente a plantación de distintas especies autóctonas de xardín, de horto e aromáticas; empregando utensilios de materiais de reciclado , cando é posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario