A continuación unha mostra das tarefas deste grupo no que vai de trimestre.
miércoles, 12 de febrero de 2014
martes, 11 de febrero de 2014
ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE
Unha mostra das tarefas que se están a levar a cabo neste trimestre, aínda que o tempo non axuda para facer actividades no exterior, nos momentos que se pode saese, e cando non, pois fanse sementeiros no interior.
ACTIVIDADES TALLER 2º TRIMESTRE - diapositivas
ACTIVIDADES TALLER 2º TRIMESTRE - diapositivas
FELIZ 2014
Xa estamos de volta, aínda que sexa cun chisco de retraso.
Que o Aninovo nos agasalle con moita ilusión, imaxinación e forzas para seguir a senda do ensino e aprendizaxe. Pois xa Cicerón dicía: "Para aprender hai que ensinar"
jueves, 5 de diciembre de 2013
TRABALLANDO NO FOGAR DAS TARTARUGAS
O alumnado do taller preparándolle o fogar as tartarugas, Caillou e Ninja, para o inverno. Poza con tellado e xardín para saír o sol. Que sorte van ter!!! Herba nova que vai medrar para que tomen o sol.
martes, 3 de diciembre de 2013
PREPARANDOSE PARA O NADAL
Nesta semana o alumnado do PCPI estivo a traballar na elaboracion de postais para participar no concurso de postais convocado polo concello.
A continuación unha mostra:
A continuación unha mostra:
lunes, 25 de noviembre de 2013
MESSI E RIGAN
E.. xa temos a coelleira habitada, chegaron a semana pasada unha parella de coellos, e o alumnado do PCPi xa os bautizou, así que como se pode ver nas fotos, temos a Messi e a Rigan.
martes, 19 de noviembre de 2013
CHEGAN MÁIS ANIMAIS
A semana pasada a enfermeira do centro agasallounos con dúas tartarugas.
O alumando do PCPI estivo moi atarefado buscandolles nome e preparando o seu fogar.
CAILLOU
NINJA
lunes, 21 de octubre de 2013
TAREFAS GRUPO 4
Durante o primeiro trimestre pasarán polo taller o Grupo 4 e o Grupo 2 do alumnado.
A continuación aparece unha presentación do traballo, durante o mes de outrubro, do Grupo 4.
lunes, 14 de octubre de 2013
RECOLLIDA DAS PATACAS
Nos días de comezo do curso o noso alumando atopouse con moitas tarefas no horto, despois de todo o verán toca recollida de froito e tamén de limpeza.
domingo, 13 de octubre de 2013
AS GALIÑAS TEÑEN NOME
Xa teñen nome as dúas galiñas do galiñeiro, o alumando do PCPI xa fixo os carteis cos respectivos nomes. Así que de agora en diante falaremos de RUCA e MARGARITA. Parabéns!!!
jueves, 3 de octubre de 2013
INQUILINOS NO GALIÑEIRO
INQUILINOS NO GALIÑEIRO
Onte chegaron ao noso galiñeiro dúas poliñas novas e o alumnado estivo a preparlles o aloxamento no seu novo fogar. Nos vindeiros días procederase ao seu bautizo. Mentres un vídeo destas tarefas.INCUBANDO OVOS
INCUBANDO OVOS
O día 23 de setembro comezouse o proceso de cría de polos, pasando primeiro pola fase de incubación.
No seguínte vídeo pódese ver unha mostra das tarefas levadas a cabo polo alumnado.
miércoles, 11 de septiembre de 2013
miércoles, 15 de mayo de 2013
viernes, 10 de mayo de 2013
A DESCENDENCIA DE BURBULLA
Despois dun mes dende a chegada de Burbulla ao centro, este luns pola mañá atopámonos coa sorpresa. Burbulla estaba rematando de parir a súa primeira camada. Estaba arrancando o seu pelo para tapar e protexer aos seus catro coelliños. Nestes días o alumnado só se achegou para comprobar que o pelo se movía e darlle de comer a Burbulla. Agardamos na vindeira semana poder destapalos e acariñalos.
Mentres a seguinte presentación:
A NOSA HORTA
A primavera vai avanzando, e con ela, a nosa horta; por fin, a choiva escampa e a caloriña axuda a medrar as nosas verduras.
Nestes días fóronse aproveitando os ocos de bo tempo para ir trasladando os froitos dos sementeiros á horta (fabas, garavanzos, cabazas, millo, leitugas, verza).
Despois dun inverno tan abundante en choiva, a terra que se preparara no outono quedou compactada e imposible para o cultivo, por iso unha axuda moi importante foi a adquisición do motocultor eléctrico, co que se fresou a terra da horta, e así coa colaboración do noso alumnado foise levando a cabo a transplanta.
Na seguinte presentación pódese ver a evolución da nosa horta.
martes, 30 de abril de 2013
EXPLORANDO CO ALUMNADO DAS AULAS 3 E 9
O comezo do trimestre con este grupo tivo que ser na aula por mor do tempo, así que se levaron a cabo traballos cos sementeiros de fabas, garavanzos, millo, outra vez leitugas, e cabazas. Logo na seguinte semana xa se puído saír ao horto e aproveitouse para o transplante de tomates e pementos, así como para arrancar as malas herbas dos anacos xa sementados de patacas, allos e cebolas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)