O PASADO 29 DE SETEMBRO, UN GRUPO DO ALUMNADO DO INTERNADO BAIXO A DIRECCIÓN DOS EDUCADORES DO CENTRO, PUXO EN MARCHA A INCUBADORA. PRIMEIRO COLOCARON DOUS OVOS DE OCA E O DÍA 8 DE OUTUBRO ENGADIRON CINCO OVOS DE GALIÑA.
TODAS AS TARDES ESTE GRUPO CONTROLABA A TEMPERATURA E HUMIDADE DA INCUBADORA, ADEMAIS DE XIRAR OS OVOS. TAMÉN ÍAN ANOTANDO NO CALENDARIO O PASO DOS DÍAS, ATA QUE O 28 DE OUTUBRO COMPROBARON QUE SÓ UN POLIÑO NACÍA. UN POLIÑO DE GALIÑA DE COR NEGRA QUE AXIÑA SE IRÁ VENDO O SEU CRECEMENTO E BAUTIZO.
BENVIDOS E BENVIDAS A UN NOVO CURSO, CUN CHISCO DE RETRASO, MAIS POUCO A POUCO IRASE ACTUALIZANDO, CON NOVAS DAS ACTIVIDADES DO TALLER COMO SE VEN FACENDO CADA CURSO. A CONTINUACIÓN A CHEGADA ESTE CURSO DOS ANIMALIÑOS, QUE VIVEN NO GALIÑEIRO DO CENTRO, E COMO TRABALLA O ALUMNADO CON ELES.
O PASADO XOVES, DÍA 19 DE MAIO, A COELLA, Mª ISABEL, FOI MAMÁ OUTRA VEZ ESTE CURSO. A CONTINUACIÓN A MOSTRA DESTE PROCESO, COMO COMEZOU A FACER O SEU NIÑO, CON HERBA E CO SEU PELO, DESPOIS DO NACEMENTO TAPOU OS COELLIÑOS CON MÁIS PELO PARA QUE NON SE ARREFRIEN; E ESTE LUNS XA OBSERVAMOS COMO SE MOVEN E XOGAN. SEGUIREMOS A SÚA EVOLUCIÓN.
O PASADO DÍA 10 DE FEBREIRO, APROVEITANDO A NEVADA NAS MONTAÑAS DE OURENSE NESA SEMANA, LEVÓUSELLE AO ALUMNADO DA AULA 10 UNHA BOLSA DE NEVE PARA EXPERIMENTAR CON ELA. O RESULTADO PODE VERSE NA SEGUINTE PRESENTACIÓN:
O mércores, día 10 de setembro, arranca un novo curso, e para darvos a benvida, un vídeo da derradeira actividade que o alumnado do PCPI levou a cabo o curso pasado.
Agardanos moito traballo no horto, así que moitas ganas e ánimo para en xuño recoller froitos coma os do curso que vén de rematar.
Con entusiasmo, ledicia, ilusión e moitas lembranzas do curso pasado, comezamos novo curso.
O alumnado do PCPI, o pasado mércores día 11, realizou unha excursión de fin de curso a Monforte en autobus, onde os agardaba o alumnado do CEE Infanta Elena para levar a cabo unha ruta turística conxunta, con guía, polos lugares máis característicos da vila. Ao seu remate, invitados por o Centro Infanta Elena, o alumnado comeu con estes novos amigos, onde despois xogaron todos xuntos no patio ata a hora de regreso a Ourense. De camiño pararon a tomar un xeado no parque a beira do Río Cabe.
Dende aquí o agradecemento ao CEE Infanta Elena pola acollida no seu Centro e por compartir esta actividade de coñecemento da vila monfortina e ao seu guía pola súa paciencia e adaptación da información ao alumnado. GRAZAS!!!
Este curso o alumnado do PCPI levou a cabo a sementeira das patacas de dúas maneiras, unha ao xeito tradicional e outra experimental.
De xeito tradicional, sementouse na sesión do taller da tarde, nun dos recantos que hai dedicados ao horto. De xeito experimental, sementouse na zona do xardín do aparcadoiro do centro. Primeiro cortouse a herba coa máquina, logo puxéronse as patacas enriba e tapáronse coa herba cortada.
E mentres se elaboraron estas presentación as patacas medraron. E xa se poden ver.