martes, 23 de abril de 2013

EXPLORA NO TALLER O GRUPO B
Comezamos trimestre co Grupo B, este grupo está formado por alumando que polas súas características non pode saír a traballar e explorar no horto. Entón decidimos levar a un espazo interior algo desas experiencias. Primeiro, como é tempo de sementeira, fixemos xogos de tacto e sons coas sementes tamén lles presentamos a Burbulla (a coella), o novo  animal que chegou ao centro. Logo para decorar a exposición do Día do Libro e colaborar co Equipo de Biblioteca, pintamos un mural coa  técnica da estampación con plantas do horto: unha brocha elaborada con herbas, flores con ramas de apio, árbores con cortiza, nubes e bolboretas con patacas. 
O resultado a continuación:




BURBULLA
Hoxe tivemos novidades na mini granxa do Centro. Chegou un novo personaxe.
Ao longo das semanas pasadas, o alumnado do PCPI estivo a estudar a vida das aves, pois están a completar o libro de Ruflot cun traballo de investigación. Este traballo motivou ao  alumnado para acadar información doutros  animais.
 Para completar esta formación  hoxe chegou ao cole un representante dos mamíferos, unha coella, a que xa puxeron de nome  BURBULLA, e instalaron na súa nova casa, a carón do galiñeiro. 






BISCOITO DE CHOCOLATE
Como actividade de fin de trimestre, e para comezar con bo pé as vacacións de Semana Santa, varias aulas do centro xuntáronse para facer dous biscoitos de chocolate aproveitando os ovos das galiñas, Turuleta e Punky, que con tanto cariño e traballo coidamos no noso cole. Pero non son dous biscoitos iguais, senón que un deles non levou nada de azucre para que o alumando que non pode tomalo, tamén puidese gozar do rico resultado da nosa actividade.





DÍA DA ÁRBORE
Hoxe, día 21 de marzo, celebramos o Día da Árbore e o comezo da Primavera. Dende o taller colaborouse coa elaboración dunha presentación, na que se conta o proceso que segue unha semente ata converterse en planta, neste caso unha semente de leituga.
A continuación "A historia dunha semente"

TAREFAS NO TALLER
Esta semana pasou polo taller o alumnado das aulas 4 e 10, tamén última semana deste grupo, pois remata o trimestre e durante o seguinte trimestre correspondelle a actividade a dous grupos novos. 
As tarefas esta semana a pesares de non axudarnos a metereoloxía, foi a preparación do terreo para plantar fresas e coidar o galiñeiro.
A continuación coma sempre o vídeo correspondente.


NOVAS NO GALIÑEIRO
O día 14 de marzo foi un gran día no galiñeiro, cando, coma cada día, o alumando da aula 10 foi limpar e dar de comer as galiñas,  Turuleta e Panky, e o galo Ruflot, atoparon o primeiro ovo das galiñas.
     
EXPLORAMOS COS SENTIDOS AS FLORES E FROITAS
Nesta semana estivo no taller o alumando das aulas 5, 6 e Kiko da aula 9. Traballamos flores, as primeiras da temporada: clavel, margarida, prímula e camelia; de foitas  a mora e o plátano porque había o aroma, colonia e crema hidratante ademais da froita para o sabor, as moras foron doación dunha compañeira que as tiña no conxelador..


O GALIÑEIRO (SEGUNDA PARTE)



GALIÑEIRO NOVO PARA RUFLOT
Hoxe foi un día especial para o noso alumnado e tamén para o noso polo Ruflot, que xa debemos dicir galo, pois xa é todo un mozo. Pero sigamos coa nova. Onte á tardiña trouxeron un galixeiro de luxo para o noso galo, pero a sorpresa para Ruflot e tamén para o alumnado foi que o "Chalet" traía habitantes, dúas mozas para que o noso galo Ruflot non se sinta só.
Hoxe só unha imaxe, mañá haberá máis do acontecemento de hoxe.

TRANSPLANTE E SEMENTEIRA
Esta semana estivo traballando no taller o alumnado das Aulas 4 e 10. Preparouse a terra do eido, pois despois de tanta choiva estaba enladrillada, e fertilizouse coa folla recollida nos xardíns do centro. Logo transplantáronse  nas beiras as plantas aromáticas que estaban en testops pequenos no invernadoiro. Tamén se comezou a transplantar as leitugas dos sementeiros e por último sementáronse as patacas da colleita do curso pasado. O alumnado ademais, aprendeu que para calcular a que distancia se deben colocar as patacas no rego, mídese co pé, a norma di: "Entre pataca e pataca unha zoca"
 A continuación coma sempre unha mostra destas tarefas.


TAREFAS DE LIMPEZA NO GALIÑEIRO
A historia do noso polo Ruflot continua. Ruflot vai medrando moito pois todos os días o alumnado da Aula 10 se encarga de limparlle o seu galiñeiro, darlle de comer e beber, e tamén moi importante de sacalo e xogar un chisquiño con el. 
A continuación pódese ollar unha mostra destas tarefas.


EXPLORANDO COS SENTIDOS AS PLANTAS AROMÁTICAS E FROITAS
Neste trimestre a rotación de grupos estase a levar a cabo entre o alumnado das aulas 4 e 10  e o grupo A, formado polo alumnado das aulas 5, 6 e Kiko da aula 9.
Estívose a experimentar na primeira semana coas plantas aromáticas: loureiro, lavanda, herba Luisa, canela e menta. E nesta semana con froitas: limón, laranxa, mandarina, fresa e kiwi.
O alumando tocou, cheirou e probou estas plantas e froitas, tanto en estado natural coma en aroma, infusión, xelatina e iogur.
A continuación unha mostra desta experiencia.


EXPLORANDO COS SENTIDOS NO XARDÍN
A continuación podemos ollar unhas galerías de fotos de algunhas actividades que se estiveron a levar a cabo durante o primeiro trimestre. (Non sempre lembramos levar cámara)







A NOSA EXPERIENCIA CO MEL E A ELABORACIÓN DUNHA CANDEA
O curso pasado participamos nunha actividade do Concello na que experimentamos e coñecemos os traballos co mel. E neste curso fixemos un traballo resumo desa actividade. A continuación podemos ver o vídeo desta visita e posterior traballo.



O REGRESO DE RUFLOT
 O noso poliño volveu ao cole despois das súas vacacións na casa de Adrián. A continuación unha galería de fotos do día da súa chegada e a súa nova casiña con materias de reciclaxe que lle fixo o compañeiro José Manuel.


AS VACACIÓNS DE RUFLOT
O noso poliño, Ruflot, marchou de vacións en Nadal. E contanos a súa aventura Adrián Landaeta, que o levou para a súa casa, pois durante as vacacións o colexio quedou pechado e non había quen o coidara.



O NOSO POLIÑO II

Unha semana de crecemento do noso Poliño. 
O poliño vai medrando e o noso alumnado coidao con moito mimo e atención. 
A continuación ollade a súa evolución.

O NOSO POLIÑO UNHA SEMANA DESPOIS - foto montaje
O NOSO POLIÑO
O día 4 de decembro, despois de 21 días de coidado dos ovos na incubadora, naceu o noso poliño. Aínda que a tarefa foi a cargo do alumnado da aula 10 e os membros do taller, o acontecemento foi seguido por todos os membros da nosa Comunidade Educativa. E, por fin... o resultado:

ACTIVIDADES CURSO PASADO

O curso pasado comezou a andaina da actividade dos talleres polas tardes, sendo a orixe deste blog o taller "O Eido" colaborando tamén co proxecto de Voz Natura. Así empezouse a limpeza e plantación no xardín, logo cara a primavera preparouse o eido para a sementeira e cultivo.
A continuación podedemos ollar unha mostra destas actividades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario